BUSQUEDA AVANZADA

GALICIA 1972

AAVV; GURRIARÁN, RICARDO (COORDINADOR); CRESPO, EMILIO

Referencia Librería: 424695
ISBN: 9788412487107
Publicación do libro Galicia 1972. A clase obreira e a cidadanía contra o franquismo.. . Este libro quere render un homenaxe a unha parte fundamental da nosa historia recente; unha historia que comeza cando o noso país viu como a liberdade e os dereitos se lle escapaban das mans coma a auga escorrega dun cesto. Despois chegou a escuridade; e dentro desa escuridade irrompeu a necesidade e as ganas de moitos homes e mulleres de arriscarse e loitar por recuperar os bens perdidos.. . Nesta historia merece un capítulo especial o ano 1972. O acontecido naquela data selou o decir do noso país e marcou a vida de centos de homes e mulleres que puxeron contra as cordas a ditadura, nos seus derradeiros estertores.. . A vida cotiá era tan dura e intensa que parte dos e das protagonistas, ao lles preguntar se tiñan a sensación de estar participando nun fito histórico, responden moi ao xeito galego: Non, faciamos o que tiñamos que facerö. . Poñer negro sobre branco todo o que estas persoas viviron ten, se cabe, máis importancia agora que se leva o de reescribiren a historia aqueles que non a protagonizaron, aqueles que a viviron desde outro prisma ou os que , co paso do tempo, prefieren aderezala pervertendo o realmente acontecido. Polo tanto, o sucedido en Ferrol, en Vigo e durante as revoltas na universidade de Santiago, a principios dese ano, son páxinas imprescindibles que contén esta obra, nacida para lembrar e non esquecer.. . De aí a nosa vella reivindicación deque estes feitos deberían formar parte das ensinanzas impartidas en todos os colexios. Porque estamos ante un capítulo que mudou o rumbo da nosa historia recente e que moitos tentan terxiversar como xa dixemos- ou agochar, e non recoñecer.. . Hónranos dicir que en calquera das loitas actuais da clase obreira perdura o espírito do 72. Fundacion 10 de Marzo FUNDACIÓN 10 DE MARZO 2022 Rústica con solapas Nuevo Nuevo 01
DIRECCIÓN:
C/Real, 71 Bajo, 15402, Ferrol, A Coruña (España)
CIF: 08737805J
Teléfono: 0034 981350956
Fax: 0034 981369854
Condiciones de gastos y envíos
Condiciones de venta Pago con tarjeta, Transferencia, Paypal o contrarreembolso. Los gastos de envio para Esppaña envio hasta 72 horas su coste 2,98 Iva Incluido. De no recogerse la entrega en destino, la segunda entrega conllevará recargo. Aceptamos devoluciones en el plazo de 14 días desde la fecha de compra para libros (NO TEXTO), envio de devolución a cargo del cliente.
TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER