BUSQUEDA AVANZADA

CHAMOME VERMELLO

PAMUK, ORHAN

Referencia Librería: 997418
ISBN: 9788498654561
Esta novela, cuxa publicación en 1998 supuxo a consagración internacional de Orhan Pamuk, está a partir de agora ao dispor dos lectores e lectoras galegos. É a sexta novela do Premio Nobel de 2006 que se publica no noso idioma, todas elas na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do prelo coa colaboración do Concello de Santiago. A fins da década de 1590, o sultán de Istambul encarga en segredo un gran libro: unha homenaxe á súa vida e ao seu imperio que os mellores pintores da época deberán iluminar... á maneira dos europeos. Mais, sen que se saiba a causa, un dos miniaturistas é asasinado. O pintor morto, foi vítima da rivalidade profesional, de celos amorosos ou do fanatismo relixioso? Alén dun misterio apaixonante, Chámome Vermello encerra unha meditación sorprendente sobre o amor, a dedicación á arte e as tensións entre o Oriente e o Occidente. Velaquí algunhas opinións da crítica internacional: Esta novela é formalmente fantástica, ocorrente e asemade trata de cuestións fundamentais. [...] Pamuk transmite dun xeito totalmente convincente a textura emotiva, mental e física, da vida cotiá. (Dick Davis, Times Literary Suplement) Máis ca calquera outro libro que se me ocorra, capta non só as contradicións pasadas e actuais de Istambul, senón a súa terrible beleza atemporal. É case perfecto, noutras palabras. (Maureen Freely, New Statesman) Fabulosa, desconcertante, emocionante... Radicalmente distinta á novela histórica de misterio tradicional en Occidente... É unha novela prodixiosa, onírica, apaixonada e augusta, exótica no sentido máis orixinal. (Philo Hensher, Spectador) EDITORIAL GALAXIA, S.A. 2012 Rústica Nuevo Nuevo 01
La librería permanecerá cerrada desde el 27-03 hasta el 31-03
DIRECCIÓN:
C/ PUERTA BUENAVENTURA Nº 3 Y 6, 29008, MALAGA, Málaga (España)
CIF: B-29053816
Teléfono: 952219019
Fax: 952225310
Condiciones de gastos y envíos
Todos los envios los hacemos por mensajeria urgente y los gatos son 6.50 euros.
TAMBIÉN PODRÍA ESTAR INTERESADO EN... SELECCIONES UNILIBER